miércoles, 5 de noviembre de 2014

I concurso de fotografía Asociación Púrpura. #abreosollos




Con motivo do Día internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, 25 de novembro, a Asociación Púrpura convoca o I Concurso de Fotografía #abreosollos.
Esta convocatoria ten como obxectivo sensibilizar a tódolos sectores da comunidade educativa, principalmente, e á poboación en xeral sobre a importancia de traballar por unha sociedade máis igualitaria, na que non teña cabida a violencia de xénero. Búscase ademais fomentar a creatividade das persoas participantes, cuxos traballos serán difundidos nunha exposición.

BASES:




  1. Participantes:
Alumnado de E.S.O. e bacharelato dos centros de educación secundaria de Cangas.
2.      Tema:
O tema do concurso é  “Educación contra a violencia de xénero”. Calquera foto que non se axuste a este tema ou que mostre imaxes explícitas de violencia física poderá ser excluída polo xurado.

3. Formato e técnica:
Cada participante poderá enviar 2 fotografías, en formato JPG, con máxima calidade e 4 MB como límite, sen texto algún sobre elas. Cada fotografía deberá ir acompañada, nun ficheiro adxunto, dun título e un breve texto que a argumente.
As fotografías deberán ser orixinais e que non foran premiadas noutros concursos, permitíndose o retoque dixital.
As persoas autoras das fotografías asumen a non inclusión nas súas obras de imaxes onde aparezan expresamente persoas recoñecibles sen o seu consentimento.
O envío das fotografías farase mediante correo electrónico á seguinte dirección:
asociacionpurpura@gmail.com facendo constar os seguintes datos:


-Nome e apelidos
-Data de nacemento
-Centro educativo e curso.
-Email e teléfono de contacto



4. Prazo de Presentación:
O prazo de presentación remata o 21 de novembro de 2014

5. Premios:
Se estabelecen los seguintes premios:
-As dez mellores fotografías serán expostas durante o día 25 de novembro e posteriores en un local de Cangas.
-A mellor fotografía será premiada cun libro de fotografía.

6. Xurado:
O xurado estará formado por diversas persoas cualificadas para exercer esta función. O fallo do xurado resolverase o 25 de novembro de 2014 

7. Exposición:
Con todas as fotografías presentadas se realizará unha exposición. Terán un formato especial as 10 mellores e mostraranse durante o día 25 de novembro e posteriores.






miércoles, 12 de junio de 2013

Dereito a decidir



Ante a ofensiva do goberno cara os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, as mulleres proclamamos o noso radical rexeitamento á reforma da Lei orgánica de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo que vai levar a cabo o goberno do PP.


A partir da reforma da lei, as mulleres que queiran abortar por decisión propia ou por malformacións graves do feto, terán que ir a outros países a facelo, como ocorría nos anos da dictadura franquista. Pero só as que teñan cartos poderán pagalo. Nuns meses, en España, ademáis de ter que pagar medicamentos e ambulancias, as mulleres non teremos dereito nin a abortar.

Este xoves, 13 de xuño levarase a cabo unha concentración como rexeitamento á reforma da lei do aborto en Cangas. ás 21 horas diante do concello.



jueves, 4 de octubre de 2012

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "SEÑORA DE"


Este venres as 20 h. no centro social do mar de Bueu levaremos a cabo a proxección do documental "Señora de", da directora Patricia Ferreira. Entrada de balde.Agardámosvos!

 TRAILER:
http://www.youtube.com/watch?v=ZBwWjwbYbxc


SINOPSE:

“Señora de” nos muestra los testimonios de varias generaciones de mujeres a las que la historia ni siquiera les permitió soñar. Lo único que pudieron hacer fue resignarse y aceptar que nacieron y crecieron en otra época en la que sus voces, sus deseos e incluso sus pensamientos fueron silenciados. Los testimonios recogidos en “Señora de” son variados y muestran un amplio espectro de mujeres de diferentes clases sociales y con diferentes tipos de educación. Mujeres de la ciudad y del campo, del mar y de tierra adentro, que se enfrentan a sus recuerdos y hablan por primera vez de lo que fue su vida, de unas formas de vida que hoy resultan intolerables en nuestra sociedad occidental y desarrollada, pero que constituían la vida de las mujeres de Galicia y en la reciente historia de España.

FICHA TÉCNICA:
Dirección: Patricia Ferreira. País: España. Año: 2010. Duración: 80 min. Género: Documental. Intervenciones: Asunción Fernández Pico, Josefa González Rey, Carmen Osuña Castelló, Filomena Fraga Rey, Concepción Gómez Rocha, Romana San Luis, María del Pilar Pets Failde, Segunda Portabales Pombal, Ana María Blanco Gómez, Alicia García Gagino, María García Álvarez, Valentina Riesco Clemente, Mercedes Noval.
Guión: María Salgueiro, Carmen Iglesias Rábade y Patricia Ferreira. Producción ejecutiva: C
armen Iglesias Rábade. Música: Arturo Kress. Fotografía: Antón Bugallo. Montaje: Rita Romero. Distribuidora: Pirámide Films. Estreno en España: 5 Noviembre 2010. Apta para todos los públicos.

lunes, 3 de septiembre de 2012

LEI DA FAMILIA ... RANCIA E TRADICIONAL

LEI DE APOIO Á FAMILIA E A CONVIVENCIA EN GALICIA

Acabo de entrar en vigo a lei de apoio á familia e a convivencia en Galicia, tamén coñecida como a lei da familia, unha lei polémica desde a súa redacción polas finalidades non moi claras que se derivan da súa lectura, e inspirada toda ela dun sentimentalismo relixioso que parece pretender a volta aos tempos nos que a muller quedaba na casa ao coidade dos nenos e dos maiores, mentres era o marido o que tiña o traballo remunerado e o único que traia cartos a casa.

A exposición de motivos da lei comeza dicindo que "Galicia ten unha gravísima retracción da natalidade e un alarmante avellentamento da poboación, que dificulta as posibilidades de renovación xeracional e, en consecuencia o mantemento do estado de benestar acadado e o seu desenvolvemento". E continua " que o cambio demográfico esixe que se fagan máis esforzos para o aqueles homes e mulleres que queiran traballar e crear unha familia poidan ter fillos sen ter que sacrificar por elo as súas carreiras, fomentando a igualdade de xénero e facilitando a conciliación entre a actividade profesional, familia e vida privada, tendo en conta a participación equitativa dos pais na organización familiar".

Visto así atopamos unha boa intención para mellorar o estado da natalidade en Galicia, pero se continuamos coa lectura da lei atopamos que a mesma non vai máis alá,e que moitas das medidas que se adoptan para facer fronte ao reparto desigual das obrigas familiares que repercute directamente na igualdade real entre mulleres e homes son papel mollado que pola falta de concreción coa que están redactadas non pasarán de ser palabras para unha lei que ten por finalidade perpetuar os roles tradicionais de mulleres e homes, como compoñentes da familia tradicional, moita prole para perpetuar o sistema imperante e, como non, heterosexual, tal e como se desprende da utilización reiterada da dicotomía entre institución familiar e os chamadas "grupos de convivencia" ou "núcleos de convivencia".

Respecto á conciliación familiar, laboral e persoal recolle entre outras medidas " a implicación en termos de igualdade dos homes e das mulleres no coidado, atención e desenvolvemento da familia, promovendo a voluntaria corresponsabilidade das tarefas e obrigas famliares, respectando o libre acordo das partes da distribución das mesmas". E aí está o esforzo máximo que atoparemos para a corresponsabilidade nas tarefas domésticas, unha voluntaria corresponsabilidade, sen máis nin máis.

Co tema do aborto, sen embargo, a lei mostra a súa postura claramente antiabortista xa que o capítulo VI do título I está dedicado íntegramente "a protección da maternidade, mediante o apoio e protección a muller xestante", e a lei prevé a realización de campañas de sensibilización destinadas a concienciación social da importancia da maternidade, ao fomento da natalidade e a protección do dereito a vida en formación.

Consideremas que esta lei está a fomentar unha involución dos dereitos das mulleres en Galicia, facendo que o importante sexa ser nai antes que muller,  eliminando o noso dereito a decidir sobre o aborto, pechando as portas da liberdade sobre cando, como e con quen ser nais; facendo invisibles discriminación e ataques cos que día a día somos atacadas as mulleres, ou tratando de silenciar aos novos tipos de familias que están presentes na nosa comunidade e que son e se senten tan familias como calquera outra, aínda que non cadren no ámbito de aplicación desta lei.

Por todo isto non deixaremos de loitar para facer reais os dereitos de igualdade, berrando forte para que non se nos arrebate nin un pouco da liberdade que nos corresponde por ser mulleres, sinalando as discriminacións e pedindo a derogación de leis como esta!


martes, 28 de agosto de 2012

Por que ser feminista?


Esta é a pregunta que moitas veces temos que escoitar quen decidimos saír á rúa a defender os dereitos das mulleres, facer visibles as discriminacións que, de xeito directo ou indirecto, padecemos nalgúns momentos da nosa vida; ou tamén porque aínda xa fai máis de trinta anos que comezou a loita para lograr unha igualdade real entre mulleres e homes e, despois de múltiples reformas lexislativas, cambios de cor no goberno de turno, modificacións do modelo educativo, etc. a realidade segue a negándose a aplicar a plena igualdade entre mulleres e homes. Hai quen non o ve, pero é porque non quere velo, xa que os exemplos son moitos:

-As mulleres non acceden ao paro nas mesmas condicións que os hombres. Mentres que os
hombres, como resultado das súas traxectorias laborais e dos seus salarios e en consecuencia das súas
cotizacións, cando se quedan no paro acceden ao nivel contributivo de prestacións, non ocorre o
mesmo no caso das mulleres. As súas baixas retribucións, vinculadas con escasas
cotizacións á  Seguridade Social, teñen como resultado dificultades para acceder ao nivel contributivo
das prestacións por desemprego. Para un importante número de mulleres, acabar no paro é
achegarse aos límites da pobreza, a través de prestacións non contributivas e de carácter asistencial.

-Ás mulleres ofréceselles traballo a tempo parcial que lles permita ter tempo dispoñible para o coidado da familia, mentres que aos homes exíselles dedicación exclusiva para que a manteñan, os patróns de reparto de traballo retribuido e non retribuido, parecen así inamobibles Segundo os datos do terceiro trimestre de 2011 da Enquisa de Poboación Activa do Instituto Nacional de Estadística, o 16% das mulleres que teñen xornada a tempo parcial optaron por este tipo de xornada para atender ás persoas dependentes do seu entorno, fronte ao 1,7% dos homes.

- Os delitos contra a libertade e indemnidade sexuais determinaron en 2010 a incoación de 13.580 dilixencias previas, un 0,30 por 100 menos que no ano anterior. Dentro deste apartado, a cifra máis alta corresponde ás denuncias de agresión sexual que ascenden a un total de 6.472, incluidas as 156 correspondientes aos feitos máis graves calificables inicialmente como violación, que, sen embargo,  redúcense en 104 respecto das contabilizadas en 2008. En canto aos novos procedementos por delitos de abuso sexual sumaron 4.082.

-  En 2009 - 2010, as mulleres españolas dedicaban una media diaria de 4 horas 7 minutos ao fogar e a familia  e 2 horas 9 minutos ao traballo remunerado, meentras que os hombres empregaban unha media de 1 hora 54 minutos e 3 horas 25 minutos respectivamente. En canto ao tempo libre, as mulleres dedicaban unha media de 4 horas 32 minutos e os homes de 5 horas con 23 minutos.

- O 19% das mozas e o 32% dos mozos adolescentes xustifican a violencia e o sexismo como reacción a unha agresión e teñen "unha preocupante tolerancia hacia o maltrato", segundo un estudo elaborado pola Delegación  do Goberno contra a Violencia de Xénero, do que se desprende que máis do 13 % dos mozos  dixo habela exercido nun pasado e un 9% das mozas, habela padecido.   

Polo que á luz destes datos os motivos non deben levarnos a preguntarnos por que somos feministas, senón por que non o son os demais! Fai fai que sexamos moitas persoas máis ás que levantemos á voz e berremos alto e claro que A REVOLUCIÓN SERÁ FEMINISTA OU NON SERÁ!

sábado, 4 de agosto de 2012

Decidir fainos libres


Ante a ofensiva do goberno cara os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, a Asociación Púrpura proclamamos o noso radical rexeitamento á reforma da Lei orgánica de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo que vai levar a cabo o goberno do PP antes do mes de octubre deste ano.
Os puntos básicos desta reforma son:

-a derrogación da lei de plazos pola que unha muller era libre de abortar ata ás 14 semanas de xestación, ata ás 22 semanas por riscos de saúde para o feto u a nai e despois das 22 semanas se hay malformación ou enfermidade incurable do feto.
-a nova lei que se vai a implantar é similar á lei de supostos que se aprobou en España en 1985, e que curiosamente o pai de Gallardón recorrera entón, que contemplaba tres suposto polos que se podía abortar: violación, malformación do feto e dano sicolóxico á nai. A nova lei que impulsará Gallardón, que será máis restrictiva que a de hai 30 anos, só vai contemplar un dos supostos: o de daño sicolóxico á nai. Eliminarase, entón, a posibilidade de abortar por malformacións graves do feto ou enferminades incurables. O número de semanas permitidas para abortar está aínda por saber. O mutismo e a falta de claridade é, unha vez máis, unha das marcas da casa deste governo.

Un dos febles argumentos que utiliza o ministro Gallardón para defender a reforma da lei é a exaltación da maternidade como rasgo definitorio da muller, exemplificado na frase “a maternidade fai á muller autenticamente muller”. A maioría das mulleres, conscientes de que a maternidade é unha opción, non unha obriga, sabemos xa que todas somos auténticas e non necesitamos a suposta protección que o governo nos quere dar. O que pecisamos é igualdade de oportunidades no eido social, familiar, político e económico.
Outro dos problemas que plantea a reforma de Gallardón é que non se sabe aínda se o médico ou médica que vai intervir na supervisión do aborto será de titularidade pública ou privada. Se o doutor ou doutora que lle toque a unha muller traballa no clínica privada, o aborto tería que pagalo a muller. Entón, só aquelas que teñan cartos van poder facelo. É inadmisible. As mulleres que non pertenzan á elite non lles quedará máis remedio que abortar clandestinamente, en condiciones hixiénicas e médicas dudosas polo que a súa vida correrá perigo. De feito, a Organización Mundial da saúde leva tempo alertando que, cada ano, falecen miles de mulleres a causa de complicacións de abortos inseguros e moitas máis sofren infeccións, infertilidade e lesións debilitantes. Segundo un informe da OMS, en 2008, 47000 mulleres morreron no mundo a causa de abortos inseguros. A maioría en países do terceiro mundo, onde existen leis restritivas fronte á interrupción voluntaria do embarazo, polo que se conclúe que este tipo de restrición non diminúen os abortos senón que incrementan as mortes de mulleres por prácticas pouco seguras. ¿Esta é a España que quere o PP/ goberno?
A partir da reforma da lei, as mulleres que quieran abortar por decisión propia ou por malformacións graves do feto, terán que ir a outros países a facelo, como ocorría nos anos da dictadura franquista. Pero só as que teñan cartos poderán pagalo. Nuns meses, en España, ademáis de ter que pagar medicamentos e ambulancias, as mulleres non teremos dereito nin a abortar.
Demagoxia, hipocrisía, dobre moral e falso debate no que nos quere situar Gallardón. Ás consecuencias desta humillante restricción do aborto hai que angadir o desmantelamento da Lei de Dependencia que está a darse. Os fetos con malformacións que nazan, converteranse en persoas dependentes que han quedar desamparadas. Alguén os terá que coidar. Vése que o governo do PP ansía volver ao rol tradicional da muller: en casa, coidadando a fillos e maiores.
Sen liberdade non hai igualdade. A liberdade sexual pasa por ser donas do noso corpo, é dicir, libres para decidir. Se se nos nega a liberdade de decidir négasenos a liberdade individual e quedamos tamén sometidas no colectivo. Pero non imos quedar de brazos cruzados. A cidadanía deste país debemos seguir loitando para que deixen de acabar cos noso dereitos. Grazas.

miércoles, 6 de junio de 2012

MANIFESTO DA ASOCIACIÓN PÚRPURA




Aunque se han dado importantes avances formales, en la realidad cotidiana las mujeres continúan sufriendo múltiples discriminaciones y vulneraciones de los Derechos Humanos. Condenar y revocar estas injusticias ha sido desde siempre el objetivo del movimiento feminista.
O movimento feminista é a suma dos esforzos de moitas mulleres, englobados baixo unha loita conxunta e global, porque a pesar das diferenzas de contextos, todas enfrentámonos o orden patriarcal e os súas diferentes expresiones.

Enfrentando toda forma de discriminación, el feminismo propugna un cambio en las relaciones de poder en la sociedad, eliminando la jerarquía y las desigualdades entre sexos, abogando por una vida plena y libre para todas y todos.


Hoxe non podemos imaxinar unha sociedade na que non se recoñeza a ciudadanía plena das mulleres e, en consecuencia, a súa participación igualitaria na esfera pública, política o económica, así como un cambio trascendental no ámbito da vida privada, en plena corresponsabilidade cós homes.

A pesar de ello, aún existen grandes niveles de tolerancia a la desigualdad y fuertes corrientes de resistencia a los avances en derechos y libertades de las mujeres. La mayor presencia de las mujeres en el ámbito público, en la toma de decisiones y en el empleo, conviven con fenómenos como el desequilibrio en el reparto de responsabilidades familiares, la violencia de género, la desigualdad salarial o la especial vulnerabilidad en la que se encuentran muchas mujeres.

Por todo elo, dende a Asociación Púrpura reivindicamos.

·      Mundo laboral: superar o “teito de cristal” impídenos acceder aos postos de responsabilidade e o sistema oblíganos a conciliar a vida familiar e laboral mediante traballos precarios a tempo parcial incompatibles coa independencia económica e a autonomía das mulleres.

·    Educación: Garantizar la participación en igualdad de las mujeres y de los hombres en todo el sistema educativo y formar a las alumnas y alumnos en actitudes y valores que les ayuden a compartir la vida desde el respeto, la igualdad, la autonomía, la corresponsabilidad y el reconocimiento mutuo. Na universidade tamén é preciso eliminar a segregación vertical (poucas mulleres nos postos de maior responsabilidade) e horizontal (poucas mulleres ou poucos homes en determinadas especialidades).

·    Estereotipos: superación dos modelos sociais tradicionais e dos roles asignados ás persoas en función do seu sexo e a formación dunha cidadanía libre, autónoma, solidaria e responsable.

·     Violencia género: expresión de la relación de desigualdad entre hombres y mujeres que está basada en la supuesta superioridad de un sexo sobre otro. La violencia de género es un obstáculo para la igualdad, el desarrollo y la paz de los pueblos porque impide a las mujeres disfrutar de los derechos humanos y de las libertades fundamentales propias de una sociedad en la que todas las personas somos libres e iguales. Denuncia, no seas cómplice de la violencia.


·      Corpo: Que se recoñeza o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias decisións. Que se garanta a soberanía das mulleres sobre o própio corpo e a propia vida. Que se asegure que todo o proceso de información, asesoramento e realización da interrupción do embarazo sexa feita na Sanidade Pública. Que non exista discriminación xeográfica no aceso de todas as mulleres a este dereito nos servizos públicos.

·     Reconocimiento de mujeres con talento: recuperar el protagonismo histórico de las mujeres. Las mujeres, además de su aportación para sostener el hogar como madres y cuidadoras, han realizado una importante labor en el desarrollo político, científico, social y económico que la historia ha invisibilizado. Porque las mujeres han realizado una gran aportación al mundo trabajando en condiciones especialmente difíciles.

·      Patriarcado: neutralizar o patriarcado, entendido como o conxunto de estructuras e prácticas que perpetúan as relacións de dominación e poder fundamentadas no binomio home-muller. O patriarcado é toda estructura social na que moi diversos factores entrelázanse e reforzan mutuamente para facer posibles as actitudes e conductas machistas.

·      Corresponsabilidade: que significa que tanto mujeres como hombres se responsabilizan de los ámbitos público y privado, y que hace hincapié en la participación de los hombres en el espacio privado; invitando aos homes para que redefines o seu propio rol na sociedade, e especialmente no ámbito doméstico.

Porque a igualdade constrúese na escola e na universidade, nas familias, no emprego, nas empresas, nas organizacións políticas e sociales, nas organizacións de mulleres; constrúese coa xente, coas mulleres e os homes que anhelan unha sociedade máis xusta, libre e solidaria.

Asociación Púrpura