CONTAMOS CONTIGO

Queremos facer que a asociación púrpura chegue a todo o mundo, polo que contamos contigo para logralo. Para aportar o teu gran de area a este proxecto feminista podes facelo das seguintes maneiras:

1.- Estamos a recopilar fotos sobre a utilización estereotipada das mulleres na nosa sociedade, así que se vas cando vas camiñando pola rúa, mentres esperas o autobús, cando asistes a un evento ou simplemente como reclamo publicitario ves imaxes nas que se estea a utilizar a imaxe da muller de forma discriminatoria e sexualizada, fainos chegar as imaxes para facer a denuncia pública correspondente ao noso e-mail: asociacionpurpura@gmail.com, poñendo no asunto "contamos contigo".

2.- Se hai algún tema que queiras tratar, algunha noticia a que queiras facer referencia, algunha cuestión da que che gustaría ter diversas opinións, ou experiencias persoais que che apeteza compartir coa asociación podes redactar un artigo onde expoñelo e nós publicarémolo na páxina web, asinado co teu nome como colaborador@. Só tes que enviárnolo ao noso e-mail: asociacionpurpura@gmail.com, poñendo no asunto "contamos contigo".


3.- Tamén temos as portas abertas  no local na Casa da Bola, 2º andar, en Cangas do Morrazo para todas aquelas persoas que queiran tratar en persoa un tema determinado a través dos nosos cafés púrpuras, onde só tedes que dicirnos o tema do que vos gustaría falarnos e poñemos o noso local a vosa disposición para levalo a cabo, organizando así a correspondente actividade.

4.- Ou calquera outra forma de colaboración que faga que este proxecto siga medrando será benvida!

No hay comentarios:

Publicar un comentario