A ASOCIACIÓN PÚRPURA TEMOS COMO OBXECTIVOS:
a.- A defensa das liberdades, os dereitos e os intereses das mulleres en tódolos ámbitos – social, cultural, laboral, familiar e político-, así como a súa integración na sociedade en igualdade de condicións , e o fomento da súa participación en tódolos sectores da vida pública.
b.- Denuncia de todo tipo de discriminación –laboral, social, educativa- cara á muller polo simple feito de ser muller. Así como apoio e axuda ás mulleres que sofren este tipo de situacións.
c.- Impulsar a conciliación e o reparto equitativo das responsabilidades familiares para compartir o traballo e compartir o poder.
d.- Activar o papel da muller na sociedade a través da cultura, educación, deporte e formación.
e.- Defensa e apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas.
f.- Promover solidariedade e encontro entre diferentes asociacións.
MANIFESTO DA ASOCIACIÓN PÚRPURA
Aínda que
se deron importantes avances formais, na realidade cotiá as mulleres
continuamos sufrindo múltiples discriminacións e vulneracións dos Dereitos
Humanos. Condenar e revocar estas inxustizss foron desde sempre o obxectivo
do movemento feminista.
O movemento feminista é a suma dos esforzos de moitas mulleres,
encaixados baixo unha loita conxunta e global, porque a pesar das diferenzas de
contextos, todas nos enfrontamoso a orde patriarcal e as súas diferentes
expresións.
Enfrontanda
toda forma de discriminación, o feminismo propugna un cambio nas relacións
de poder na sociedade, eliminando a xerarquía e as desigualdades entre
sexos, abogando por unha vida plena e libre para todas y todos.
Hoxe non podemos imaxinar unha sociedade na que non
se recoñeza a cidadanía plena das mulleres e, en consecuencia, a súa
participación igualitaria na esfera pública, política ou económica, así como un
cambio trascendental no ámbito da vida privada, en plena corresponsabilidade cós
homes.
A pesares disto, aínda existen grandes niveis de tolerancia á
desigualdade e fortes correntes de resistencia aos avances en dereitos e
liberdades das mulleres. A maior presenza das mulleres no eido
público, na toma de decisións e no emprego, conviven con fenómenos como o desequilibrio no reparto de responsabilidades familiares, a violencia de xénero, a desigualdade salarial ou a especial vulnerabilidade na que se
encontran moitas mulleres.
Por todo isto, desde a Asociación Púrpura reivindicamos:
· Mundo laboral: superar o
“teito de cristal” que nos impide acceder aos postos de responsabilidade e o sistema
obríganos a conciliar a vida familiar e laboral mediante traballos precarios a
tempo parcial incompatibles coa independencia económica e a autonomía das
mulleres.
· Educación: Garantir a participación en igualdade das mulleres e dos homes en todo o sistema educativo e formar ás alumnas e alumnos en
actitudes e valores que lles axuden a compartir a vida desde o respecto, a
igualdade, a autonomía, a corresponsabilidade e o recoñecemento mutuo. Na
universidade tamén é preciso eliminar a segregación vertical (poucas mulleres
nos postos de maior responsabilidade) e horizontal (poucas mulleres ou poucos
homes en determinadas especialidades).
· Estereotipos: superación
dos modelos sociais tradicionais e dos roles asignados ás persoas en función do
seu sexo e a formación dunha cidadanía libre, autónoma, solidaria e responsable.
· Violencia
género:
expresión da relación de desigualdade entre homes e mulleres que está baseada na suposta superioridade dun sexo sobre o outro. A violencia de xénero é un
obstáculo para la igualdade, o desenvolvemento e a paz dos pobos porque impide ás mulleres disfrutar dos dereitos humanos e das liberdades
fundamentais propias dunha sociedade na que todas as persoas somos libres
e iguais. Denuncia! non sexas cómplice da violencia!
Corpo: Que
se recoñeza o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias
decisións. Que se garanta a soberanía das mulleres sobre o própio corpo e a
propia vida. Que se asegure que todo o proceso de información, asesoramento e
realización da interrupción do embarazo sexa feita na Sanidade Pública. Que non
exista discriminación xeográfica no aceso de todas as mulleres a este dereito
nos servizos públicos.
· Reconocimiento
de mujeres con talento: recuperar o protagonismo histórico das mulleres. As mulleres,
ademais da súa aportación para soster o fogar como nais e coidadoras, realizaron unha importante labor no desenvolvemento político, científico, social e
económico que a historia invisibilizou. Porque as mulleres realizaron
unha grande aportación ao mundo traballando en condicións especialmente difíciles.
· Patriarcado: neutralizar o patriarcado, entendido como o conxunto
de estructuras e prácticas que perpetúan as relacións de dominación e poder
fundamentadas no binomio home-muller. O
patriarcado é toda estructura social na que moi diversos factores
entrelázanse e reforzan mutuamente para facer posibles as actitudes e conductas
machistas.
· Corresponsabilidade: que
significa que tanto mulleres como homes se responsabilizan dos ámbitos
público e privado, e que hace fincapié na participación dos homes no
espazo privado; invitando aos homes para que redefinan o seu propio rol na
sociedade, e especialmente no ámbito doméstico.
Porque a igualdade constrúese na escola e na universidade, nas familias, no emprego, nas empresas, nas organizacións políticas e sociais, nas organizacións de mulleres; constrúese coa xente, coas mulleres e os homes que anhelan unha sociedade máis xusta, libre e solidaria.
Asociación Púrpura
No hay comentarios:
Publicar un comentario