viernes, 25 de mayo de 2012

¿Quén somos, qué queremos?


Somos a Asociación Púrpura, nada en Cangas, formada por un grupo de xóvenes, motivados pola idea de loitar pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Son fins principais da asociación Púrpura:

a.- A defensa das liberdades, os dereitos e os intereses das mulleres en tódolos ámbitos – social, cultural, laboral, familiar e político-, así como a súa integración na sociedade en igualdade de condicións , e o fomento da súa participación en tódolos sectores da vida pública.
b.- Denuncia de todo tipo de discriminación –laboral, social, educativa- cara á muller polo simple feito de ser muller. Así como apoio e axuda ás mulleres que sofren este tipo de situacións.
c.- Impulsar a conciliación  e o reparto equitativo das responsabilidades familiares para compartir o traballo e compartir o poder.
d.- Activar o papel da muller na sociedade a través da cultura, educación, deporte e formación.
e.- Defensa e apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas.
f.- Promover solidariedade e encontro entre diferentes asociacións.

As nosas motivaciones para asociarnos son a reivindicación dos dereitos das mulleres, a loita por conseguir unha igualdade de oportunidades real, e facer oír as nosas necesidades nunha sociedade cada vez máis competitiva e discriminatoria.

Na Asociación Púrpura participan activamente tanto homes coma mulleres.

Definímonos como feministas, entendendo o feminismo coma  un movimento igualitario e democrático que mantén que ningún individuo da especie humana debe ser excluido de calqueira ben e de ningún dereito por mor do seu sexo. Feminismo é pensar normativamente coma si o sexo non existira. É unha das tradicións políticas máis fortes e igualitarias da modernidade, probablemente a máis difícil de erradicar posto que  oponse á xerarquía máis ancestral de todas. Polo tanto feminismo non é machismo ao revés, pero é absolutamente contrario ó machismo.

Ademais grazas ó movemento feminista, as mulleres podemos vernos como adultas plenas, e non coma unha menor de idade que precisa ser controlada por un home.



Un dos principais obxectivos da Asociación Púpura, como xa expusemos con anterioridade é dar soporte e axuda a tódalas mulleres, que polo feito de selo se vexan nunha situación de discriminalidade. A Asociación Púrpura terá as portas abertas, para facer denuncia e dende os escasos medios que temos axudar á afrontar dita situación. Aínda que non temos recursos materiais, faremos todo o posible que estea nas nosas mans.
Polo agora, temos un local de reunión dous días á semana, xoves e sábado, situado na Casa da bola en Cangas. Alí faremos a meirande parte das nosas actividades.