Somos a Asociación
Púrpura, nada en Cangas, formada por un grupo de xóvenes, motivados pola
idea de loitar pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Son fins principais da asociación Púrpura:
a.- A defensa das
liberdades, os dereitos e os intereses das mulleres en tódolos ámbitos –
social, cultural, laboral, familiar e político-, así como a súa integración na
sociedade en igualdade de condicións , e o fomento da súa participación en
tódolos sectores da vida pública.
b.- Denuncia de todo tipo de discriminación –laboral, social,
educativa- cara á muller polo simple feito de ser muller. Así como apoio e
axuda ás mulleres que sofren este tipo de situacións.
c.- Impulsar a conciliación
e o reparto equitativo das responsabilidades familiares para compartir o
traballo e compartir o poder.
d.- Activar o papel da
muller na sociedade a través da cultura, educación, deporte e formación.
e.- Defensa e apoio ás
mulleres vítimas de violencia de xénero e aos seus fillos e fillas.
f.- Promover
solidariedade e encontro entre diferentes asociacións.
As nosas motivaciones para asociarnos son a reivindicación dos dereitos das
mulleres, a loita por conseguir unha igualdade de oportunidades real, e facer oír
as nosas necesidades nunha sociedade cada vez máis competitiva e
discriminatoria.
Na Asociación Púrpura participan activamente tanto homes coma mulleres.
Definímonos como feministas, entendendo o feminismo coma un movimento igualitario e democrático que
mantén que ningún individuo da especie humana debe ser excluido de
calqueira ben e de ningún dereito por mor do seu sexo. Feminismo é pensar
normativamente coma si o sexo non existira. É unha das tradicións
políticas máis fortes e igualitarias da modernidade, probablemente a máis difícil de erradicar
posto que oponse á xerarquía máis ancestral de todas. Polo tanto
feminismo non é machismo ao revés, pero é absolutamente contrario ó machismo.
Ademais grazas ó
movemento feminista, as mulleres podemos vernos como adultas plenas, e non coma
unha menor de idade que precisa ser controlada por un home.
Un
dos principais obxectivos da Asociación Púpura, como xa expusemos con
anterioridade é dar soporte e axuda a tódalas mulleres, que polo feito de selo
se vexan nunha situación de discriminalidade. A Asociación Púrpura terá as
portas abertas, para facer denuncia e dende os escasos medios que temos axudar
á afrontar dita situación. Aínda que non temos recursos materiais, faremos todo
o posible que estea nas nosas mans.
Polo
agora, temos un local de reunión dous días á semana, xoves e sábado, situado na
Casa da bola en Cangas. Alí faremos a meirande parte das nosas actividades.
Noraboa pola estrea e longa vida!
ResponderEliminar