Esta é a pregunta que moitas veces temos que escoitar quen decidimos saír á rúa a defender os dereitos das mulleres, facer visibles as discriminacións que, de xeito directo ou indirecto, padecemos nalgúns momentos da nosa vida; ou tamén porque aínda xa fai máis de trinta anos que comezou a loita para lograr unha igualdade real entre mulleres e homes e, despois de múltiples reformas lexislativas, cambios de cor no goberno de turno, modificacións do modelo educativo, etc. a realidade segue a negándose a aplicar a plena igualdade entre mulleres e homes. Hai quen non o ve, pero é porque non quere velo, xa que os exemplos son moitos:
-As mulleres non acceden ao paro nas mesmas condicións que os hombres. Mentres que os
hombres, como resultado das súas traxectorias laborais e dos seus salarios e en consecuencia das súas
cotizacións, cando se quedan no paro acceden ao nivel contributivo de prestacións, non ocorre o
mesmo no caso das mulleres. As súas baixas retribucións, vinculadas con escasas
cotizacións á Seguridade Social, teñen como resultado dificultades para acceder ao nivel contributivo
das prestacións por desemprego. Para un importante número de mulleres, acabar no paro é
achegarse aos límites da pobreza, a través de prestacións non contributivas e de carácter asistencial.
-Ás mulleres ofréceselles traballo a tempo parcial que lles permita ter tempo dispoñible para o coidado da familia, mentres que aos homes exíselles dedicación exclusiva para que a manteñan, os patróns de reparto de traballo retribuido e non retribuido, parecen así inamobibles Segundo os datos do terceiro trimestre de 2011 da Enquisa de
Poboación Activa do Instituto Nacional de Estadística, o 16% das
mulleres que teñen xornada a tempo parcial optaron por este tipo de xornada para atender ás persoas dependentes do seu entorno, fronte
ao 1,7% dos homes.
- Os delitos contra a libertade e indemnidade sexuais determinaron en
2010 a incoación de 13.580 dilixencias previas, un 0,30 por 100 menos
que no ano anterior. Dentro deste apartado, a cifra máis alta
corresponde ás denuncias de agresión sexual que ascenden a un total
de 6.472, incluidas as 156 correspondientes aos feitos máis graves
calificables inicialmente como violación, que, sen embargo, redúcense en 104 respecto das contabilizadas en 2008. En canto aos novos
procedementos por delitos de abuso sexual sumaron 4.082.
- En 2009 - 2010, as mulleres españolas dedicaban una media diaria de 4
horas 7 minutos ao fogar e a familia e 2 horas 9 minutos ao traballo
remunerado, meentras que os hombres empregaban unha media de 1 hora 54
minutos e 3 horas 25 minutos respectivamente. En canto ao tempo
libre, as mulleres dedicaban unha media de 4 horas 32 minutos e os
homes de 5 horas con 23 minutos.
- O 19% das mozas e o 32% dos mozos adolescentes xustifican a violencia e o sexismo como reacción a unha agresión e teñen "unha preocupante tolerancia hacia o maltrato", segundo un estudo elaborado pola Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, do que se desprende que máis do 13 % dos mozos dixo habela exercido nun pasado e un 9% das mozas, habela padecido.
Polo que á luz destes datos os motivos non deben levarnos a preguntarnos por que somos feministas, senón por que non o son os demais! Fai fai que sexamos moitas persoas máis ás que levantemos á voz e berremos alto e claro que A REVOLUCIÓN SERÁ FEMINISTA OU NON SERÁ!
Eu soía crer que o feminismo era o contrario do machismo... por sorte hoxe en día declárome unha muller FEMINISTA e estou plenamente de acordo en eso de que "A REVOLUCIÓN TEN QUE SER FIMINISTA"...
ResponderEliminarMoitas persoas pensan coma ti e ven ao feminismo como algo allea ás súas vidas, ata que teñen a sorte de atoparse coa verdade e coñecer o que realmente significa feminismo... e desde ese momento faise moi difícil non declararse feminista! Benvida ao club!
ResponderEliminar