Ante a ofensiva do goberno cara os dereitos sexuais e reprodutivos
das mulleres, a Asociación Púrpura proclamamos o noso radical rexeitamento á
reforma da Lei orgánica de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción
voluntaria do embarazo que vai levar a cabo o goberno do PP antes do mes de
octubre deste ano.
Os puntos básicos desta reforma son:
-a derrogación da lei de plazos pola que unha muller era
libre de abortar ata ás 14 semanas de xestación, ata ás 22 semanas por riscos
de saúde para o feto u a nai e despois das 22 semanas se hay malformación ou
enfermidade incurable do feto.
-a nova lei que se vai a implantar é similar á lei de
supostos que se aprobou en España en 1985, e que curiosamente o pai de
Gallardón recorrera entón, que contemplaba tres suposto polos que se podía
abortar: violación, malformación do feto e dano sicolóxico á nai. A nova lei
que impulsará Gallardón, que será máis restrictiva que a de hai 30 anos, só vai
contemplar un dos supostos: o de daño sicolóxico á nai. Eliminarase, entón, a
posibilidade de abortar por malformacións graves do feto ou enferminades
incurables. O número de semanas permitidas para abortar está aínda por saber. O
mutismo e a falta de claridade é, unha vez máis, unha das marcas da casa deste
governo.
Un dos febles argumentos que utiliza o ministro Gallardón
para defender a reforma da lei é a exaltación da maternidade como rasgo
definitorio da muller, exemplificado na frase “a maternidade fai á muller autenticamente
muller”. A maioría das mulleres, conscientes de que a maternidade é unha
opción, non unha obriga, sabemos xa que todas somos auténticas e non
necesitamos a suposta protección que o governo nos quere dar. O que pecisamos é
igualdade de oportunidades no eido social, familiar, político e económico.
Outro dos problemas que plantea a reforma de Gallardón é
que non se sabe aínda se o médico ou médica que vai intervir na supervisión do
aborto será de titularidade pública ou privada. Se o doutor ou doutora que lle
toque a unha muller traballa no clínica privada, o aborto tería que pagalo a
muller. Entón, só aquelas que teñan cartos van poder facelo. É inadmisible. As
mulleres que non pertenzan á elite non lles quedará máis remedio que abortar
clandestinamente, en condiciones hixiénicas e médicas dudosas polo que a súa
vida correrá perigo. De feito, a Organización Mundial da saúde leva tempo
alertando que, cada ano, falecen miles de mulleres a causa de complicacións de
abortos inseguros e moitas máis sofren infeccións, infertilidade e lesións
debilitantes. Segundo un informe da OMS, en 2008, 47000 mulleres morreron no
mundo a causa de abortos inseguros. A maioría en países do terceiro mundo, onde
existen leis restritivas fronte á interrupción voluntaria do embarazo, polo que
se conclúe que este tipo de restrición non diminúen os abortos senón que
incrementan as mortes de mulleres por prácticas pouco seguras. ¿Esta é a España
que quere o PP/ goberno?
A partir da reforma da lei, as mulleres que quieran
abortar por decisión propia ou por malformacións graves do feto, terán que ir a
outros países a facelo, como ocorría nos anos da dictadura franquista. Pero só
as que teñan cartos poderán pagalo. Nuns meses, en España, ademáis de ter que
pagar medicamentos e ambulancias, as mulleres non teremos dereito nin a
abortar.
Demagoxia, hipocrisía, dobre moral e falso debate no que
nos quere situar Gallardón. Ás consecuencias desta humillante restricción do
aborto hai que angadir o desmantelamento da Lei de Dependencia que está a
darse. Os fetos con malformacións que nazan, converteranse en persoas
dependentes que han quedar desamparadas. Alguén os terá que coidar. Vése que o
governo do PP ansía volver ao rol tradicional da muller: en casa, coidadando a
fillos e maiores.
Sen liberdade non hai igualdade. A liberdade sexual pasa
por ser donas do noso corpo, é dicir, libres para decidir. Se se nos nega a
liberdade de decidir négasenos a liberdade individual e quedamos tamén
sometidas no colectivo. Pero non imos quedar de brazos cruzados. A cidadanía
deste país debemos seguir loitando para que deixen de acabar cos noso dereitos.
Grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario