miércoles, 12 de junio de 2013

Dereito a decidir



Ante a ofensiva do goberno cara os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, as mulleres proclamamos o noso radical rexeitamento á reforma da Lei orgánica de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo que vai levar a cabo o goberno do PP.


A partir da reforma da lei, as mulleres que queiran abortar por decisión propia ou por malformacións graves do feto, terán que ir a outros países a facelo, como ocorría nos anos da dictadura franquista. Pero só as que teñan cartos poderán pagalo. Nuns meses, en España, ademáis de ter que pagar medicamentos e ambulancias, as mulleres non teremos dereito nin a abortar.

Este xoves, 13 de xuño levarase a cabo unha concentración como rexeitamento á reforma da lei do aborto en Cangas. ás 21 horas diante do concello.



No hay comentarios:

Publicar un comentario