Con motivo do
Día internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, 25 de novembro, a
Asociación Púrpura convoca o I Concurso de Fotografía #abreosollos.
Esta
convocatoria ten como obxectivo sensibilizar a tódolos sectores da comunidade
educativa, principalmente, e á poboación en xeral sobre a importancia de
traballar por unha sociedade máis igualitaria, na que non teña cabida a violencia
de xénero. Búscase ademais fomentar a creatividade das persoas participantes, cuxos
traballos serán difundidos nunha exposición.
BASES:
- Participantes:
Alumnado de E.S.O. e bacharelato dos centros de educación secundaria de
Cangas.
2.
Tema:
O tema do
concurso é “Educación contra a violencia
de xénero”. Calquera foto que non se axuste a este tema ou que mostre imaxes
explícitas de violencia física poderá ser excluída polo xurado.
3. Formato e técnica:
Cada
participante poderá enviar 2 fotografías, en formato JPG, con máxima calidade e
4 MB como límite, sen texto algún sobre elas. Cada fotografía deberá ir
acompañada, nun ficheiro adxunto, dun título e un breve texto que a argumente.
As
fotografías deberán ser orixinais e que non foran premiadas noutros concursos,
permitíndose o retoque dixital.
As
persoas autoras das fotografías asumen a non inclusión nas súas obras de imaxes
onde aparezan expresamente persoas recoñecibles sen o seu consentimento.
O envío
das fotografías farase mediante correo electrónico á seguinte dirección:
asociacionpurpura@gmail.com
facendo constar os seguintes datos:
-Nome e apelidos
-Data de nacemento
-Centro educativo e curso.
-Email e teléfono de contacto
4. Prazo de Presentación:
O prazo
de presentación remata o 21 de novembro de 2014
5. Premios:
Se estabelecen
los seguintes premios:
-As dez
mellores fotografías serán expostas durante o día 25 de novembro e posteriores
en un local de Cangas.
-A mellor fotografía será premiada cun libro de fotografía.
6. Xurado:
O xurado
estará formado por diversas persoas cualificadas para exercer esta función. O
fallo do xurado resolverase o 25 de novembro de 2014
7. Exposición:
Con
todas as fotografías presentadas se realizará unha exposición. Terán un formato
especial as 10 mellores e mostraranse durante o día 25 de novembro e
posteriores.