Ante a ofensiva do goberno
cara os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, as mulleres proclamamos o
noso radical rexeitamento á reforma da Lei orgánica de saúde sexual e
reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo que vai levar a cabo o
goberno do PP.
A
partir da reforma da lei, as mulleres que queiran abortar por decisión propia
ou por malformacións graves do feto, terán que ir a outros países a facelo,
como ocorría nos anos da dictadura franquista. Pero só as que teñan cartos
poderán pagalo. Nuns meses, en España, ademáis de ter que pagar medicamentos e
ambulancias, as mulleres non teremos dereito nin a abortar.
Este xoves, 13 de xuño levarase a cabo unha concentración como rexeitamento á reforma da lei do aborto en Cangas. ás 21 horas diante do concello.