miércoles, 5 de noviembre de 2014

I concurso de fotografía Asociación Púrpura. #abreosollos




Con motivo do Día internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero, 25 de novembro, a Asociación Púrpura convoca o I Concurso de Fotografía #abreosollos.
Esta convocatoria ten como obxectivo sensibilizar a tódolos sectores da comunidade educativa, principalmente, e á poboación en xeral sobre a importancia de traballar por unha sociedade máis igualitaria, na que non teña cabida a violencia de xénero. Búscase ademais fomentar a creatividade das persoas participantes, cuxos traballos serán difundidos nunha exposición.

BASES:




  1. Participantes:
Alumnado de E.S.O. e bacharelato dos centros de educación secundaria de Cangas.
2.      Tema:
O tema do concurso é  “Educación contra a violencia de xénero”. Calquera foto que non se axuste a este tema ou que mostre imaxes explícitas de violencia física poderá ser excluída polo xurado.

3. Formato e técnica:
Cada participante poderá enviar 2 fotografías, en formato JPG, con máxima calidade e 4 MB como límite, sen texto algún sobre elas. Cada fotografía deberá ir acompañada, nun ficheiro adxunto, dun título e un breve texto que a argumente.
As fotografías deberán ser orixinais e que non foran premiadas noutros concursos, permitíndose o retoque dixital.
As persoas autoras das fotografías asumen a non inclusión nas súas obras de imaxes onde aparezan expresamente persoas recoñecibles sen o seu consentimento.
O envío das fotografías farase mediante correo electrónico á seguinte dirección:
asociacionpurpura@gmail.com facendo constar os seguintes datos:


-Nome e apelidos
-Data de nacemento
-Centro educativo e curso.
-Email e teléfono de contacto



4. Prazo de Presentación:
O prazo de presentación remata o 21 de novembro de 2014

5. Premios:
Se estabelecen los seguintes premios:
-As dez mellores fotografías serán expostas durante o día 25 de novembro e posteriores en un local de Cangas.
-A mellor fotografía será premiada cun libro de fotografía.

6. Xurado:
O xurado estará formado por diversas persoas cualificadas para exercer esta función. O fallo do xurado resolverase o 25 de novembro de 2014 

7. Exposición:
Con todas as fotografías presentadas se realizará unha exposición. Terán un formato especial as 10 mellores e mostraranse durante o día 25 de novembro e posteriores.